A V Ruta Cabalar de Artoño celebrarase o 27 de xuño
- Laura Moure

- 28 mar
- 1 min de lectura
Actualizado: 31 mar
O prazo de inscrición xa está aberto e finalizará o día 22 dese mes
Laura Moure/Agolada
Os Cabaleiros de Artoño celebrarán a súa V Ruta Cabalar o sábado 27 de xuño. Onte distintos membros da organización presentaron o cartel no Concello de Agolada xunto ao alcalde, Óscar Val, e ao concelleiro José García. O prazo de inscrición xa está aberto ata o 22 de xuño.

O campo da festa de Artoño será o punto de saída da ruta e a chegada dos participantes está estipulada para as 15:00 horas para arrancar ás 16:30 horas, polo que a organización pide puntualidade. Cabe mencionar que é unha ruta apta para carros.
PUBLICIDADE

Ademais haberá cea, á que pode asistir quen o desexe xa que non é só para os participantes na ruta, moita música e tamén sorteos durante a verbena.
Publicidade
Toda a información no cartel:








Comentarios