top of page

A V edición do Galo Corre de Vila de Cruces será o 12 de xuño

Os interesados poden inscribirse ata o 9 de xuño


Laura Moure/Vila de Cruces

Despois de dous anos de parón, o tenente de alcalde de Vila de Cruces, Julio López, e a concelleira Mireya Otero presentaron a quinta edición da carreira popular O Galo Corre de

Vila de Cruces que se celebrará o día 12 de xuño.

No cartel deste ano tamén aparece o logo feito por Óscar Vilar para a anterior edición e que amablemente permitiu ao Concello usalo de novo nesta nova edición, polo que Julio López agradece a súa colaboración. A proba en categoría sénior será de 10 quilómetros e percorrerá todo o centro urbano, continuando a tradición da última carreira celebrada no ano 2019, xa que a pandemia sufrida fixo imposible a súa celebración no ano 2020 e no

2021.

As inscricións están xa abertas ata o día 9 de xuño a través da páxina web www.emesports.es Mantense un custo de sete euros desde a categoría xuvenil a veteranos, sendo gratuíta desde chupete a cadetes como o último ano da súa celebración e outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría e por suposto, todos os participantes serán obsequiados cun pequeno agasallo.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page