top of page
Foto del escritorLaura Moure

A V edición do Galicia Clarinet Fest convertirá a Lalín, no epicentro mundial do virtuosismo do clarinete

Será do 12 ao 19 de xullo


Laura Moure/Laslín

Este venres presentouse a V edición do Galicia Clarinet Fest que convertirá a Lalín, do 12 ao 19 de xullo, no epicentro mundial do virtuosismo do clarinete, unha das plataformas académicas, divulgativas e de lecer máis importantes de Europa ao redor deste instrumento. O festival presenta un ambicioso programa co obxectivo de visibilizar un territorio conectado a través da música, xa que a comarca eo Deza é cerne de numerosas bandas, conservatorios, escolas e agrupacións musicais e de consolidarse como un evento que a través da súa oferta sirva para enriquecer e mellorar a comunidade na que se insire.

Á presentación acudiu o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e F.P. da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, o deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela, a concelleira de Cultura do Concello de Lalín, Begoña Blanco, a tenente de alcalde do Concello de Lalín, Paz Pérez, e o director artístico do Galicia Clarinet Fest, Xocas Meijide.


A presenza das tres administración, autonómica, provincial e local, consolida a súa aposta por un festival que sitúa a Lalín como un referente a nivel europeo. Xocas Meijide, director artístico do festival , salientou o carácter internacional do mesmo, coa presenza en Lalín de 14 clarinetistas e 4 pianistas de prestixio internacional procedentes de Holanda, Alemaña, Canadá, Francia, Portugal, Australia, Turquía, EE.UU, Cataluña e Galicia que percorren os escenarios de medio mundo.


Publicidade


Xocas Meijide avanzou o salto cualitativo desta quinta edición: a profesionalización na organización do festival, a cargo de Nordesía, que permite realizar un evento de gran complexidade que acollerá, nos 16 concertos que se celebrarán, a máis de 250 músicos e

alumnado procedentes de distintas partes do mundo. O festival singularízase por ofrecer unha parte académica e formativa de primeiro nivel, vertebrada tanto no I Congreso Galicia Clarinet Fest como na Academia, na que ao longo de toda a semana se impartirán clases maxistrais, individuais e colectivas, obradoiros, etc


O festival comeza o venres 12 de xullo co concerto inaugural a cargo de Real Filharmonía de Galicia, a antesala á fin de semana na que se realizará o I Congreso de Clarinete. O programa formativo inclúe clases maxistrais de clarinetistas que imparten aulas en prestixiosas universidades europeas como José Luis Estellés ou Juan Ferrer, e talleres con Selin Gürol, con máis de 125.000 seguidores nas redes sociais.


Publicidade

Durante a fin de semana desenvolveranse 4 conferencias sobre temáticas innovadoras relacionadas coa música e a neurociencia. Inaugurará o ciclo de conferencias o sábado, ás 11 horas, Lorenzo Coppola co título Que podemos aprender dos nosos ancestros? Recitais de piano e grandes concertos conforman a programación musical para o público

xeral. O sábado ás 21 horas Rosa Cedrón e a Orquesta de Clarinetes Galaico Portuguesa

estrean en Lalín un repertorio baseado na música galega; o domingo 14 é o turno do

Cuarteto de corda Harmonía; ao longo da semana sucederanse os concertos de Cat Klezmer Trío, o Trío de fado Choro-Lusitano, a Banda Municipal de Santiago de Compostela, a Banda de Lalín e o concerto de clausura será o venres 19 co concerto do Galicia Clarinet Ensemble con todo o alumnado e profesorado do festival.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page