A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará Silleda nas vindeiras semanas
Estan previstas visitas ás parroquias de Laro e Escuadro e ás localidades da Bandeira e Silleda
Laura Moure/Silleda
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará de novo o municipio de Silleda durante as vindeiras semanas. Estará ubicada durante varias xornadas en diferentes puntos.
A primeira ubicación será na parroquia de Laro, no campo da festa os días 26 e 27 deste mes de xaneiro. Despois visitará A Bandeira, onde se ubicará na rúa Esmorga dende o 28 ao 31 de xaneiro e tamén os días 3 e 4 de febreiro.
En Escuadro (estará xunto ao cemiterio) do 7 ao 10 de febreiro ; e por último en Silleda (detrás do ambulatorio) a unidade móvil estará do 11 ao 16 de febreiro.
O horario habitual de atención será de 9:00 ás 13:30 horas e de 15:15 ata as 18:00 horas de luns a venres agás os días 28 de xaneiro, 10 e 11 de febreiro, co horario só de mañá.
Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309 000, ou a través da páxina web www.sycitv.com. Dende o Concello de Silleda xa se procedeu á colocación de bandos informativos detallando os lugares e horarios.
