top of page

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas estará en Silleda nas vindeiras semanas

Ecos da Comarca/Silleda

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará de novo o municipio de Silleda durante as vindeiras semanas. Estará ubicada durante varias xornadas en diferentes puntos.

A primeira ubicación será na parroquia de Laro, no campo da festa os días 24 e 25 deste mes de xaneiro. Despois visitará A Bandeira, onde se ubicará na rúa Esmorga do 26 de xaneiro ao 1 de febreiro.


En Escuadro (estará xunto ao cemiterio) dende o día 2 ao 7 de febreiro; e por último en Silleda (detrás do ambulatorio) a unidade móvil estará do 8 ao 13 de febreiro.

O horario habitual de atención será de 9:00 ás 13:30 horas e de 15:15 ata as 18:00 horas de luns a venres agás os días 27 de xaneiro, 3 e 10 de febreiro, só con atención en horario de mañá.


Cita previa

Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309000, ou a través da páxina web www.sycitv.com Dende o Concello de Silleda xa se procedeu á colocación de bandos informativos detallando os lugares e horarios.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page