top of page

A unidade móbil da Garda Civil protexe estes días o Camiño de Santiago dende Palas de Rei

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, recibiu este luns a oficina móbil da Garda Civil encargada de atender no Camiño de Santiago a seguridade dos peregrinos. A unidade móbil da Garda Civil, instalou a furgoneta itinerante, anunciada por unha gran banderola, no lugar dos Chacotes, en pleno Camiño Francés, nos accesos ao casco urbano de Palas de Rei, como un dos puntos estratéxicos de atención. Dende aquí os axentes farán un reforzo especial á seguridade cidadá e atención ao camiñante.


Unha iniciativa itinerante, que comenzou funcionar sobre mediados do mes de maio e estará en operativa durante todo este verán como reforzo especial da seguridade no Camiño. O alcalde palense, Pablo Taboada, aproveitou para brindarlles aos axentes a colaboración necesaria “en materia de seguridade e atención no Camiño tanto da Agrupación de Protección Civil como da Policía Local, no ámbito da súas competencias”.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page