top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A unidade de Atención Temperá de Toques trasladarase a Melide a partir da semana que vén

A delegada informou que a Xunta reforzará o sistema de atención temperá que atende a máis de 200 concellos galegos 


Laura Moure/Toques

A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto á directora territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, María Blanco, visitaron o centro de Atención Temperá de Toques, financiado pola Xunta de Galicia que da servizo a este concello e a Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar de forma gratuíta. Na visita a representante do Goberno autonómico informou do traslado deste equipo de profesionais, a partir da semana que vén, ao concello de Melide, onde seguirán prestando os seus servizos ás nenas e nenos destes mesmos municipios nunhas novas instalacións. 

A delegada lembrou que este centro conta con 3 traballadores, un psicólogo, unha pedagoga e unha terapeuta ocupacional e recibiron cunha axuda do Goberno galego de máis de 250.000 euros entre 2023 e 2024. Belén do Campo confirmou que, para o ano que vén, recibirán 270.000 euros entre 2025 e 2026, 20.000 euros máis que lles permitirán ampliar os seus servizos. Neste sentido, agradeceu aos traballadores e responsables do centro a súa implicación e traballo e lembrou que a Xunta atende neste tipo de unidades a case 2.300 nenas e nenos da provincia da Coruña e subliñou que este centro atendeu, o ano pasado, a redor de 120 usuarios.


Publicidade

Belén do Campo destacou que se manterán todas as unidades existentes e se abrirá algunha máis para consolidar e seguir estendendo por toda a comunidade a Rede galega de atención temperá, un servizo público gratuíto para as familias que é fundamental para dar resposta, o antes posible, ás necesidades de nenos de 0 a 6 anos. A atención temperá engloba o conxunto de intervencións orientadas á poboación infantil, á familia e á contorna desta, co obxectivo de atender as necesidades derivadas de trastornos de desenvolvemento ou do risco destes.


Publicidade

Estas intervencións procuran o desenvolvemento da autonomía e a consecución da súa inclusión social, tanto a través da atención das necesidades transitorias como das permanentes Esta orde abarca o que resta deste ano e todo 2025 e 2026, e conta cun orzamento de 15,8 millóns de euros que está cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page