Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Unión Musical Ponteledesma pon en marcha unhas xornadas de portas abertas no seu museo

Este atópase no auditorio de Gres e estas xornadas serán os venres e sábado dende o 25 de xuño ao 23 de xullo


Laura Moure/Vila de Cruces

O vindeiro luns, 21 de xuño, como todos os anos, celébrase o Día Internacional da Música. Por este motivo, a Unión Musical Ponteledesma pon en marcha unha iniciativa "encamiñada a promocionar este fermoso arte ó tempo que queremos achegarnos ós nosos veciños, veciñas e seguidores nun momento, no cal despois de duros meses de inactividade forzada pola pandemia da Covid-19, estamos retomando a actividade, sempre de forma segura e prudente". Así, realizará unhas xornadas de portas abertas do noso museo, o Museo Xosé Casal Balo da Unión Musical de Ponteledesma o cal se atopa no Auditorio Bernardo G. del Río de Gres (Vila de Cruces).


Este foi inaugurado no ano 2019. "Este humilde espazo recolle toda a historia da nosa banda, da vosa banda, unha historia intensa e chea de bos momentos. Así, poderedes ver dende a evolución do noso uniforme ata todos os premios e recoñecementos recibidos ao longo dos anos, pasando por diversos manuscritos recibidos de persoas como Don Xosé Neira Vilas, algún xefe de Estado ou mesmo da Casa Real".


Estas visitas poderán realizarse todos os venres en horario de 17:00 a 22:00 horas e todos os sábados dende as 10:00 ata as 13:00 horas. As visitas comezarán o vindeiro venres 25 de xuño e estarán dispoñibles ata o venres 23 de xullo. Ademais, todos os visitantes que se acheguen terán como obsequio un disco da banda.

"Como sinalamos anteriormente, estamos retomando a actividade, sempre con moito sentidiño e é que xa estamos a traballar en diversos concertos programados para os próximos meses en lugares como as Illas de Gres, Vila de Cruces, ou Melide ó tempo que imos preparar un concerto ben bonito conmemorativo dos 60 anos da publicación de Memorias dun Neno Labrego, de Xosé Neira Vilas. Todo sen esquecernos da nosa Aula de Formación Permanente, que será presentada no mes de xullo e servirá para potenciar a formación dos membros da nosa banda".


Por último, esta formación musical confirma que "estamos a traballar de cheo na que se resultamos seleccionados, será a participación da Unión Musical Ponteledesma no WMC – Kerkrade (Holanda), a Olimpiada da Música, o evento bandístico máis importante do mundo e que se desenvolverá ao longo do mes de xullo do vindeiro ano 2022 en Kerkrade, Holanda. Alí trataremos de estar e de que a nosa música soe no certame dos certames", incide.


67 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE