Ecos da Comarca/Xeral
Os bombeiros liberaron a unha muller á que lle quedou a man atrapada na porta dun coche en Santiago.
Publicidade
Ocorreu na rúa de Viena, e a implicada era incapaz de abrir o vehículo ao contar cun sistema de peche automático.
Publicidade
Entón, os xestores do 112 Galicia activaron un operativo para o que solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santiago e da Policía Nacional e Local.
Publicidade
Así, os bombeiros tiveron que liberar a man da muller, que puido marchar do lugar nun vehículo particular.
Comments