Éxito e gran afluencia de xente na XXII Feira da Troita que celebrou este Concello esta fin de semana con múltiples actividades e boa música
Laura Moure/Sobrado dos Monxes
Esta fin de semana moita xente achegouse ata o concello de Sobrado dos Monxes para desfrutar da súa XXII Feira da Troita. Ademais da degustación do prato estrela, tamén se puido probar outros manxares como o polbo e as filloas. Así mesmo a cita complementouse con distintas actividades pensadas para todos os gustos e idades. A música tamén foi o prato forte desta edición.
Publicidade
ECOS DA COMARCA estivo este domingo nesta cita e falamos con varias persoas como as fiolleiras Chus e Estefanía, o alcalde do municipio, Lisardo Santos; con Elena Da Silva do Bar Cociña Paporrubio, con asistentes á festa como Piky Liñeira e os seus amigos, así como con Emilio Oro dos Festicultores Troupe. Mirade o que nos contaron:
Autor do vídeo: Ecos da Comarca
Comentarios