top of page

A tripulación dun pesqueiro atopa no mar un corpo sen vida e todo apunta a que é da moza de Ordes desaparecida

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

A tripulación dun pesqueiro atopa no mar o corpo sen vida da moza desaparecida en Ordes, tal e como informa o 112 Galicia.

Contra as des desta mañá, Salvamento Marítimo avisou da localización dun cadáver en Cantís de Mesa Regada, en Fisterra. Segundo explicaron a través do 112 Galicia, foi a tripulación do pesqueiro "Costa do Sol" quen atopou o corpo sen vida e indicaron que podería tratarse da moza desaparecida o pasado 25 de outubro. 


Un equipo a bordo da embarcación de Salvamento Marítimo, a Salvamar Regulus achegouse ao punto para recoller o cadáver e trasladalo ao porto de Fisterra. Mentres, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil, dos voluntarios de Protección Civil da localidade e dos psicólogos do Grupo de Intervención en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Profesional de Galicia.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Pola súa parte, os axentes de seguridade avanzan coas investigacións pertinentes para aclarar a identidade, aínda que ven moitos indicios que levan a crer que se trata da rapaza desaparecida.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Declaracións da Garda Civil

"Esta mañá sobre as 9:40 horas un pesqueiro informou da localización dun cadáver a 1,5 millas da praia de Mar de Fóra, ao seu encontro dirixiuse a embarcación de Salvamento Marítimo Regulus para o traslado do corpo a terra. A falta de confirmación fidedigna da identidade, polas características e a vestimenta prevese que é o da moza desaparecida, de momento suspendemos o operativo de procura que mantiveramos estes días, de confirmarse que é ela, a pesar da dor que supón perder a un familiar, supoñería o fin da angustia e incerteza que sufriu a familia estes días non sabendo que lle pasaba á súa filla. O cadáver foi trasladado ao IMELGA da Coruña para a súa identificación", sinala a oficina de prensa da Comandancia da Garda Civil da Coruña.

0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page