A Travesía Vázquez 4 do centro urbano de Cruces reloce cunha mellora do seu espazo público
- ecosdacomarca

- 18 oct
- 1 Min. de lectura
A actuación, iniciada en abril, contou cun investimento duns 70.000 euros
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces anunciou a case finalización das obras de “Mellora do espazo público travesía Vázquez nº4”, unha actuación clave que responde ás necesidades da veciñanza e que forma parte do plan integral de mellora urbana impulsado polo actual goberno municipal.

As obras, iniciadas no mes de abril e que ascenden a uns 70.000 euros, incluíron a mellora das beirarrúas así como os servizos existentes en ambas marxes da rúa
(canalización de gas, eléctrica, de telecomunicacións, abastecemento de auga,
saneamento e pluviais).
PUBLICIDADE
“Estamos moi satisfeitos de entregar á veciñanza unha obra que mellora a súa calidade
de vida, fomenta a seguridade e impulsa o desenvolvemento local”, afirmou o alcalde
Luís Taboada, que visitou a zona acompañado de Juan Carlos Rodríguez, concelleiro
de Vías e Obras.
PUBLICIDADE
Con esta actuación, o Concello reafirma o seu compromiso cunha “xestión próxima,
eficiente e centrada en obras concretas que transforman a vila”, xa que esta rúa está
situada no centro urbano e conecta a rúa Vázquez coa rúa Neira Vilas.








Comentarios