top of page

A Transgalaica volta a Silleda con máis de 300 inscritos na proba deste domingo

A etapa organizada polo Club Ciclista BTT Trasdeza arrancará ás 09:30 horas dende a praza Juan Salgueiro da Bandeira, e será de 31 quilómetros completando dúas voltas


Laura Moure/Silleda

A Transgalaica, a proba referente a nivel autonómico de BTT volta este domingo ao municipio de Silleda ca carreira organizada polo club local BTT Trasdeza. A etapa contará cunha participación estimada de máis de 300 corredores de distintos clubs. A proba partirá ás 09:30 horas dende a praza de Juan Salgueiro da Bandeira, onde xa se instalou unha carpa en días pasados.

O percorrido, de 31 quilómetros, discorre por Manduas, O Castro, Saídres, Carboeiro, Pazos, Abades e Bandeira, con dúas voltas. Conta ademais con 1.800 metros de desnivel acumulado. Despois de dous anos de paro por culpa da pandemia, volta a Silleda unha

das probas máis agardadas polos ciclistas, ca que será a 4ª etapa da Transgalaica 2022, que rematará o vindeiro domingo 24 en Manzaneda.

A proba foi presentada este martes no Concello polo presidente do Club Ciclista BTT Trasdeza Tomás Baúlde e por Rubén Vázquez, tesoureiro da entidade, así como polo alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Mónica González, que destacaron o traballo realizado polo club silledense nestes últimos anos “traendo a Silleda a proba máis destacada do calendario galego e dando a coñecer tamén o noso municipio dende o punto de vista turístico”, sinalou o rexedor.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page