top of page

A Transgalaica volta a Silleda con centos de participantes o vindeiro domingo día 30

As inscricións están aínda abertas ata mañá, mércores


Laura Moure/Silleda

A Transgalaica, a proba referente a nivel autonómico de BTT volta este domingo día 30 ao municipio de Silleda ca carreira organizada polo club local BTT Trasdeza en colaboración co Concello de Silleda, entre outras entidades. A etapa augura novamente unha alta participación, con inscricións abertas ata este mércores.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A proba partirá ás 9:30 horas dende a rúa do Parque da Bandeira, nas inmediacións da praza de Juan Salgueiro. O percorrido discorrerá por Manduas, Negreiros, O Castro, Saídres, Carboeiro, Breixa Pazos, Abades e Bandeira, con dúas voltas, de 37 e 31 quilómetros, respectivamente. Serán en total 68 quilómetros cun desnivel acumulado de 1.600 metros e que discorrerá novamente por lugares emblemáticos como o miradoiro da Fervenza do Toxa ou o mosteiro de Carboeiro.


Trátase dunha das probas máis agardadas polos ciclistas, ca que será a 3ª etapa da Transgalaica 2025 MTB Series, que arrancou o pasado día 2 de marzo en Cerdedo-Cotobade, e continuou en Ames. Despois de Silleda seguirán as citas de Friol e Manzaneda, os días 13 e 27 de abril respectivamente.

A proba foi presentada no Concello polo presidente do Club Ciclista BTT Trasdeza Tomás Baúlde e por Rubén Vázquez, tesoureiro da entidade, así como pola alcaldesa, Paula Fernández , e a concelleira de Deportes, Mónica González, que destacaron o traballo realizado polo club silledense nestes últimos anos “traendo a Silleda a proba máis destacada do calendario galego e dando a coñecer tamén o noso municipio dende o punto de vista turístico”, sinalou Fernández Pena.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page