top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Transgalaica volta a Silleda con centos de participantes o vindeiro domingo día 24

Conta cun percorrido de 68 quilómetros en total en dúas voltas que atraversará por fermosos enclaves do municipio silledense


Laura Moure/Silleda

A Transgalaica, a proba referente a nivel autonómico de BTT volta o vindeiro domingo día 24 ao municipio de Silleda ca carreira organizada polo club local BTT Trasdeza en colaboración co Concello de Silleda, entre outras entidades. A etapa augura novamente unha alta participación, xa que en apenas 24 horas de apertura das inscricións xa se superaron as 130 persoas inscritas de distintos clubes.


Publicidade

A proba partirá ás 9:30 horas dende a rúa do Parque da Bandeira, nas insmediacións da praza de Juan Salgueiro. O percorrido discorrerá por Manduas, Negreiros, O Castro, Saídres, Carboeiro, Breixa Pazos, Abades e Bandeira, con dúas voltas, de 37 e 31 quilómetros, respectivamente.


Publicidade

Serán en total 68 kilómetros cun desnivel acumulado de 1.600 metros e que discorrerá novamente por lugares emblemáticos como o miradoiro da Fervenza do Toxa ou o mosteiro de Carboeiro. Trátase dunha das probas máis agardadas polos ciclistas, ca que será a 3ª etapa da Transgalaica 2024, que arrancou a finais de febreiro en Cerdedo-

Cotobade, e continuou en Ames. Despois de Silleda seguirán as citas de Friol e Manzaneda.

A proba foi presentada no Concello polo presidente do Club Ciclista BTT Trasdeza Tomás Baúlde e por Rubén Vázquez, tesoureiro da entidade, así como pola alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Deportes, Mónica González, que destacaron o traballo realizado polo club silledense nestes últimos anos “traendo a Silleda a proba máis destacada do calendario galego e dando a coñecer tamén o noso municipio dende o punto de vista turístico”, sinalou Fernández Pena.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page