Ecos da Comarca/Silleda
A Transgalaica, a proba referente a nivel autonómico de BTT, volta este domingo día 24 ao municipio de Silleda ca carreira organizada polo club local BTT Trasdeza en colaboración co Concello de Silleda, entre outras entidades. Nesta etapa van participar en total 359 ciclistas, batendo así o récord de inscricións.

“É un orgullo ver como esta proba medra ano tras ano e contando con participantes de primeiro nivel”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández, que destaca que a Transgalaica aporta “ademais da dimensión deportiva un valor engadido ao discorrer por varios enclaves naturais e turísticos do municipio silledense”.
Publicidade
A proba partirá ás 9:30 horas dende a rúa do Parque da Bandeira, nas inmediacións da praza de Juan Salgueiro. O percorrido discorrerá por Manduas, Negreiros, O Castro, Saídres, Carboeiro, Breixa, Pazos, Abades e Bandeira, con dúas voltas, de 37 e 31 quilómetros, respectivamente. Serán en total 68 quilómetros cun desnivel acumulado de 1.600 metros e que discorrerá novamente por lugares emblemáticos como o miradoiro da
Fervenza do Toxa ou o mosteiro de Carboeiro.
Publicidade
Trátase dunha das probas máis agardadas polos ciclistas, ca que será a 3ª etapa da Transgalaica 2024, que arrancou a finais de febreiro en Cerdedo-Cotobade e continuou en Ames. Despois de Silleda seguirán as citas de Friol e Manzaneda.
コメント