top of page

A Transgalaica, a proba referente a nivel autonómico de BTT, volta o vindeiro domingo 23 a Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Organizada polo club local BTT Trasdeza contará cunha participación estimada de máis de 300 corredores


Laura Moure/Silleda

A Transgalaica, a proba referente a nivel autonómico de BTT volta o vindeiro domingo día 23 ao municipio de Silleda ca carreira organizada polo club local BTT Trasdeza. A etapa contará cunha participación estimada de máis de 300 corredores e corredoras  de distintos clubs.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

A proba partirá ás 9:30 horas dende a praza de Juan Salgueiro da Bandeira. O percorrido, de 31 quilómetros, discorre por Manduas, O Castro, Saídres, Carboeiro, Pazos, Abades e Bandeira, con dúas voltas. Conta ademais con 1.800 metros de desnivel acumulado.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Trátase dunha das probas máis agardadas polos ciclistas, ca que será a 4ª etapa da Transgalaica 2023, que rematará o domingo dia 30 en Manzaneda.

A proba foi presentada  no Concello polo presidente do Club Ciclista BTT Trasdeza Tomás Baúlde e por Rubén Vázquez, tesoureiro da entidade, así como polo alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Mónica González, que destacaron o traballo realizado polo club silledense nestes últimos anos “traendo a Silleda a proba máis destacada do calendario galego e dando a coñecer tamén o noso municipio dende o punto de vista turístico”, sinalou o rexedor.

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page