top of page

A toponimia de Rodeiro sae á palestra

A Deputación de Pontevedra promove a recuperación da microtoponimia da provincia polo Día das Letras Galegas a través de “Os nomes da nosa terra”


Ecos da Comarca/Rodeiro

No marco do Día das Letras Galegas, a Deputación de Pontevedra dá un novo paso na súa aposta pola salvagarda do patrimonio inmaterial galego e reafirma o seu compromiso coa promoción da lingua e da cultura cunha nova edición do proxecto audiovisual "Os nomes da nosa terra". Trátase dunha iniciativa, na que ten participado estreitamente o presidente provincial Luis López para convidar á cidadanía a descubrir, rexistrar e transmitir os topónimos tradicionais da provincia, e que forma parte das políticas da Deputación para apoio ao galego e á identidade do territorio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta nova entrega, composta por catro pezas audiovisuais, percorre distintos recunchos da provincia para visibilizar os nomes que gardan a memoria colectiva da xente e do territorio. Da man de persoas maiores, alumnado, asociacións culturais e investigadoras, as pezas s topónimos da serra do Cando, para visibilizar a riqueza dos nomes das serras galegas postos por pastores; a talasonimia (os nomes do mar) da Illa de Arousa e a do litoral de Baiona, e a toponimia de Rodeiro, nun capítulo no que o presidente provincial, Luis López, convértese nun guía único e fai un percorrido polos nomes de castros, penedos e pontes que agochan lendas milenarias.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O proxecto busca fomentar o uso da lingua galega desd e a raíz do territorio, animando á veciñanza a participar activamente na recuperación destes nomes únicos, moitos deles en risco de desaparición. "Os nomes da nosa terra" púxose en marcha no 2021 e suma xa máis dunha decena de capítulos elaborados nos últimos anos con distintos apoios institucionais, e complétase coa participación activa de persoas voluntarias, asociacións veciñais, centros educativos e investigadores. Forma parte, ademais, de Galicia Nomeada, unha plataforma colaborativa creada pola Xunta de Galicia e a Real Academia Galega e coordinada polo divulgador Vicente Feijoo, para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e de toda a tradición oral asociada a ela.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page