top of page

A terceira Festa da Familia Papaventos encheu este sábado a área recreativa da Madalena no Pino

Pequenos e maiores desfrutaron de xogos, de obradoiros e de distintos espectáculos de teatro e de circo


Laura Moure/O Pino

Unha divertida festa da escuma pechou esta tarde a terceira edición da Festa da Familia Papaventos, organizada polo Concello do Pino. A área recreativa da Madalena, en Castrofeito, encheuse ao longo do día de pequenos e maiores que desfrutaron en familia de xogos, de obradoiros e de espectáculos.

A festa da escuma foi unha das propostas máis celebradas do día, poñéndolle a guinda a

unha xornada chea de convivencia e diversión, que tivo na festa holi outro dos momentos

máis vistosos e divertidos, somerxendo en numerosas cores á cativada asistente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A III Festa da Familia Papaventos comezou ao mediodía na carballeira da Madalena coa

apertura dun espazo lúdico no que veciñanza de todas as idades puido demostrar as súas

habilidades participando en competicións tan populares e tradicionais como unha carreira

de sacos ou o tiro de boina. Sumouse ao entretemento un concurso de tute e unha ampla

oferta de obradoiros nos que as familias amosaron toda a súa creatividade elaborando

broches de fieltro, cadros de papaventos, tatuaxes ou tarxetas.


Propostas de artes escénicas e teatro completaron a xornada de celebración. Levantou o

pano a compañía Inventi Teatro coa obra As palabras perdidas, coa que animou aos

presentes a empregar o galego. Xa pola tarde, foi Bandullo Azul quen presentou Fazulas e

o ladrón de paraugas e, a continuación, as acrobacias e os malabares de Circo Expreso 2

sorprenderon ás familias presentes co espectáculo Desastronauts.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O bo tempo e a instalación dunha polbeira contribuíu ao éxito da festa e permitiu que na

carballeira da Madalena se vivise unha auténtica romaría durante toda a xornada.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page