top of page

A terceira edición de O Pino Aventura atrae a 60 participantes das catro provincias galegas

A proba desenvolveuse nesta ocasión na contorna de Ferreiros


Laura Moure/O Pino

Ao redor de 60 persoas, divididas en 17 equipos, participaron este sábado 11 de maio na terceira edición de O Pino Aventura, actividade ao aire libre que convida a coñecer a pé distintas paraxes naturais do Pino ao tempo que pon a proba os coñecementos, o inxenio e a habilidade dos participantes.

Co campo da igrexa de San Verísimo de Ferreiros como base, a misión dos equipos consistíu en atopar, coa axuda dun mapa, un total de 18 localizacións (máis outra oculta) espalladas pola contorna e resolver as probas que se lles propoñían nalgúns dos puntos, consistentes en enigmas relacionados coa lóxica, a literatura, o cinema ou a xeografía. Ademais, as persoas participantes tamén tiveron que facer unha proba especial de habilidade e os menores puideron facerse con lambonadas e regaliños durante o

percorrido.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Destacou a presenza de familias. Os equipos nos que se combinaban menores e persoas

adultas foron maioría e tamén hai que subliñar a participaron de equipos chegados dende

as catro provincias galegas, de lugares como Salceda de Caselas (Pontevedra) ou O

Carballiño (Ourense). A proba cumpríu así o obxectivo de promocionar O Pino e atraer

novos visitantes.


Precisamente coa fin de dar a coñecer distintas paraxes, cada ano vaise alternando o lugar no que se desenvolve O Pino Aventura: foi Arca na primeira edición, A Tarroeira o ano

pasado e Ferreiros nesta, o que lle deu a oportunidade aos participantes de facer treitos do Camiño de Santiago, coincidindo cun bo número de peregrinos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Uns petiscos rematado o tempo de competición, limitado a dúas horas e media, puxéronlle

a guinda a unha xornada de exercicio, diversión e convivencia. As clasificacións desta terceira edición do Pino Aventura estarán dispoñibles o luns na web do Concello do Pino.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page