top of page

A túa Xanela dispón de oficina en Palas e avanza no despregamento da fibra óptica dos núcleos rurais

Ecos da Comarca/Palas de Rei

“A túa Xanela”, operadora que comercializa con Rede Aberta, acaba de instalar unha das súas oficinas no pleno casco urbano de Palas de Rei (na confluencia da rúa Agro do Rolo coa Avenida de Compostela) dende onde dá comenzo ó proceso de construción dun centro de almacenamento de datos centralizado que dará servizo a toda Galicia. O alcalde, Pablo Taboada, achegouse a visitar as instalacións en Palas con motivo da súa inauguración, onde se interesou polo estado do proceso de implantación da fibra óptica nos núcleos rurais do municipio.

Alí, Iñaki Castiñeira, xerente de “A túa Xanela”, indicou que “o núcleo urbano este mes xa dispón do cen por cen da fibra e o despriegue nos núcleos rurais do municipio palense agardan telo completado nun par de meses. Tanto no núcleo rural como no urbano, os usuarios, podrán desfrutar de entre 100 a 1000 megas de velocidade. Para solicitar a fibra tan só hai que achegarse a oficina de Palas e contratar a tarifa que mellor interese ós usuarios en función das súas necesidades e xa dende “A túa Xanela” nos encargamos de facer gratuitamente a instalación”, Iñaki Castiñeira.

O Concello de Palas, mantén dende un principio unha activa colaboración con “A túa Xanela” en virtude da cal, posibilita pasos, canalización, apoios en postes e alumeados públicos para que poidan achegar o cableado da fibra os diferentes núcleos do rural palense, permitindo achegar o acceso a datos de calidade no medio rural.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page