Perruquería Marisa.gif

A subdelegada do Goberno na Coruña asiste á entrega da rehabilitación da Casa de Correos de Arzúa

A actuación contou cun orzamento de máis de 600.000 euros


Laura Moure/Arzúa

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, asistiu este xoves á entrega da obra de rehabilitación da antiga Casa de Correos de Arzúa, na que o Goberno investiu máis de 620.000 euros. “Hoxe podemos celebrar o compromiso cumprido do Goberno con Arzúa”, manifestou a subdelegada, durante o acto de firma da entrega do edificio rehabilitado por parte do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma).


A actuación enmárcase no conxunto de proxectos que está a acometer o Goberno para a mellora do Camiño Francés e o impulso ao Xacobeo. A subdelegada visitou as instalacións xunto aos técnicos, acompañada polo alcalde de Arzúa, José Luis García López, e a tenente de alcalde e concelleira de Obras e Turismo, Begoña Balado. Tamén acudiron representantes da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, propietaria do inmoble, sobre o que o Concello reclamou a cesión para usos culturais.

A actuación

María Rivas destacou o carácter municipalista do Goberno, que se concreta en actuacións que, como esta, “melloran a vida dos habitantes do concello e contribúen ademais a dinamizar o turismo e a xerar actividade económica”. Os traballos executados polo Mitma consistiron na rehabilitación e a conversión da antiga Casa de Correos de Azúa, situada na rúa das Dores, nun edificio de uso público destinado as actividades culturais. O proxecto centrouse na recuperación da construción orixinal, eliminando os engadidos posteriores que se fixeron e adaptando o edificio á normativa vixente e ao seu novo uso como centro cultural, con actividades relacionadas co Camiño de Santiago e a súa interacción en Arzúa onde conflúen dous trazados (Camiño do Norte e Camiño Francés), e con outros usos culturais que considere o Concello.


Acondicionamento do xardín

As intervencións inclúen o acondicionamento do xardín, que quedou incorporado á rede de espazos libres de Arzúa, e a conexión dun itinerario que conecta tanto este novo espazo público co xardín do albergue de peregrinos e o acceso á Capela da Madalena. Os traballos tamén contemplaron o tratamento da contorna, ofrecendo solucións de continuidade. A actuación foi desenvolta polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana e forma parte dunha serie de iniciativas executadas polo Goberno de España no ámbito do Camiño de Santiago na idea de realzar no posible o Xacobeo, contribuíndo a dinamizar o turismo e xerar actividade económica local. A rehabilitación, que afectou a 300 metros cadrados no interior do edificio e case mil metros no exterior, culminouse tras superar complicacións como o achado de restos arqueolóxicos no xardín e na planta baixa do edificio, o que obrigou a modificar o proxecto e demorou a execución.


NOTICIA RELACIONADA:

https://www.ecosdacomarca.com/post/subdelegaci%C3%B3n-do-goberno-e-concello-supervisan-as-obras-de-reforma-da-antiga-casa-de-correos-arzu%C3%A1

39 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif