top of page

A silledense Amparo González sopra as 101 velas na parroquia de Vilar

Natural de Ponte, reside nesta localidade silledense cos seus netos dende hai 23 anos


Ecos da Comarca/Silleda

Dolores Amparo González López, residente na parroquia silledense de Vilar, vén de celebrar o seu 101 aniversario. Este luns a alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira

de Cultura, Mónica González, visitaron a Amparo na casa do lugar de Cabodevila, onde reside ca súa neta, María José e con Toño, o marido desta, dende hai 23 anos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Alí se trasladou ao quedar viuva dende a súa parroquia natal de Ponte. Amparo, que foi tataravoa hai seis meses, co nacemento de Erik, fillo da súa bisneta Laura, goza dunha saúde e lucidez envexables. É totalmente autónoma e destaca polo seu fermoso sorriso.

Gústalle entreterse con tarefas como debullar chícharos ou atar cebolas, ademais de ver a televisión polas mañás.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Paula Fernández que a agasallou en nome da veciñanza cun ramo de flores, departiu con ela sobre o día a día e dura vida que levou co traballo no campo. Amparo, como é coñecida, sumábase o pasado ano ao club de persoas centenarias de Silleda.


Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns!!



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page