top of page

A sede socialista de Silleda abre as súas portas á formación en colaboración coa escola Jaime Vera

As sesións, centradas na comunicación, o debate e a creación de contidos, serán online e poderán seguirse desde a sede local


Ecos da Comarca/Silleda

A Agrupación Socialista de Silleda abrirá este mes de maio as portas da súa sede para acoller distintas accións formativas online promovidas pola Escola Jaime Vera, fundación vinculada ao PSOE dedicada á formación política, á comunicación e á análise social.

As sesións, que poderán seguirse desde a sede socialista de Silleda, estarán centradas en ámbitos como a comunicación pública, o debate, a linguaxe verbal e non verbal, a escoita social no ámbito dixital, a creación de contidos ou o papel das emocións na

comunicación política.

Desde a Agrupación Socialista destacan que esta proposta nace coa vontade de “converter a sede nun espazo aberto á formación, á participación e ao intercambio de ideas”, non só para a militancia socialista, senón tamén para aquelas persoas da veciñanza que teñan interese en mellorar as súas ferramentas de comunicación ou

afondar nestas materias.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O calendario formativo comezará o luns 18 de maio, ás 18:00 horas, coa sesión titulada “A intelixencia artificial na creación de contidos”. Continuará o martes 19, ás 19:00 horas, coa formación “Manexo da linguaxe verbal e non verbal”; e o mércores 20, ás 18:00 horas,

abordarase a temática “Escoita social no ámbito dixital: como facela e para que serve”.

O xoves 21 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar a sesión “Que expoñer, que responder e que non. Mensaxes estrela”. Xa na semana seguinte, o ciclo continuará o martes 26, ás 19:00 horas, con “Debater e ser viral”, e pecharase o xoves 28 de maio, ás 19:00 horas, coa formación “As emocións no debate”.


As persoas interesadas poderán participar nas sesións que desexen, sen necesidade de asistir ao ciclo completo, escollendo aquelas propostas que máis se adapten aos seus intereses ou dispoñibilidade horaria.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde o PSdeG-PSOE de Silleda animan á militancia e á veciñanza a achegarse á sede e participar nesta iniciativa, que busca ofrecer un espazo compartido de aprendizaxe, reflexión e intercambio arredor da comunicación e da participación pública.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page