top of page

A sección sindical da CIG no SAF agradece a intención dos tres partidos políticos de Lalín na mesa de seguimento

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

A Sección sindical da CIG no Servizo de Axuda no Fogar en Lalín quere dar conta do, ao seu ver, o máis importante do acontecido este martes na Mesa de Seguimento. Agradece publicamente a boa intención por parte dos tres participantes dos tres partidos políticos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"En en primeiro lugar celebrar a realización desta Mesa, que nos dá a oportunidade de nun mesmo lugar por en común o que nos afecta como traballadoras, por iso agradecer ao Concello de Lalín, (nomeadamente á Concelleira de Servizos Sociais, Carme Canda) por esta convocatoria e aos concelleiros Alba Forno do PSOE e a Paco Vilariño do BNG, especialmente a este último por invitarnos a participar".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Nesta xuntanza, sinala, "abordáronse temas que son moi importantes para as traballadoras, o cobro da quilometraxe, a zonificación que evita que esteamos na estrada inutilmente cando imos dun usuario a outro ou a especificación das tarefas encomendadas nos domicilios dos usuarios".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Presentamos, indica, por tanto tarefas tanto ao Concello como á empresa adxudicataria. "Ao Concello reclamámoslle que facilite a zonificación no servizo así como concreción nas tarefas e melloras nos horarios; mentras que á empresa esixímoslle que cumpra o convenio e asegure a existencia de axudas técnicas para atender correctamente aos usuarios e usuarias e sobre todo agradecer a Carmen Canda que se comprometera a ter unha reunión co comité de empresa para a realización dos novos pregos do servizo de cara á nova licitación".


NOTICIA RELACIONADA:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page