A Ruta Cabalar de Laro volta o vindeiro sábado10 de maio
- Laura Moure
- 25 abr
- 1 Min. de lectura
Máis de 200 persoas participarán na cita organizada dende o colectivo Cabaleiros de Regadío, en colaboración co Concello de Silleda
Laura Moure/Silleda
O vindeiro sábado 10 de maio celebrase en Laro a VII Ruta Cabalar, organizada pola Asociación Cabaleiros de Regadío, en colaboración co Concello de Silleda. A alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González, presentaron onte o evento xunto José Manuel Donsión, Diego Peña Taboada, e Álex Fernández Mosquera, membros da directiva que organiza por sétimo ano consecutivo este evento.

Publicidade
A cita comezará ás 13:00 horas cun xantar popular para comezar despois o percorrido ás 15:30 horas, con saída dende o campo da festa de Laro continuando polos montes de Parada e en dirección ao Candán. O percorrido, de 20 quilómetros en total polo fermoso val, contará cunha parada e o acompañamento musical do Grupo de Gaitas Os Trasnos de Doade. Xa de volta a Laro, no campo da festa, celebrarase a cea á que seguirán as actucións do Dúo Ciclón e a sesión DJ con Regadisco Show.
Publicidade
Dende o Concello de Silleda colaborase con esta ruta, que xa se vén celebrando cun notable éxito de participación, e que contribúe a poñer en valor as fermosas paisaxes do Candán, en Rede Natura, e o territorio da zona, ademais de contar cada vez con maior implicación por parte da veciñanza.
Comments