top of page

A Romaría do Rapaz de Silleda celebrarase o domingo 19 de xuño

Dende a Concellería de Cultura estase xa a últimar o programa de actividades que encherá durante toda a xornada o recinto da Saleta, en Siador


Laura Moure/Silleda

A Romaría do Rapaz adiantase este ano e celebrarase o domingo 19 de xuño. Dende o Concello de Silleda, que organiza esta celebración, adoptouse a decisión de adiantala (xa que se celebra tradicionalmente o último domingo de xuño) á vista das numerosas actividades previstas para a última fin de semana do vindeiro mes.

Dende a Concellería de Cultura xa se está a traballar na loxística e programación da xornada, que se dará a coñecer nos próximos días. Tamén se agradece a colaboración tanto dos pais saletinos de Siador como da veciñanza da localidade, para seguir celebrando unha das festas máis singulares da comarca, cos máis novos como protagonistas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page