top of page

A Romaría da Rosquilla de Abades cumpre 38 anos o vindeiro domingo de Pascua

A cita inclúe como xa é tradicional a subasta de bolos


Laura Moure/Silleda

A parroquia silledense de Abades celebrará o vindeiro domingo día 5, domingo de Pascua, unha nova edición da Romaría da Rosquilla. Esta festa cumple xa 38 anos como un dos referentes da gastronomía do municipio. Para abrir boca, a comisión organizadora –da man da Asociación de Veciños A Costa –iniciou onte e ata mañá, mércores, o proceso de elaboración deste afamado prostre no centro social da localidade, con sesións abertas ao público.

A Romaría da Rosquilla foi presentada onte por membros da organización nun acto que contou coa asistencia da alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González.


A festa comezará co pasarrúas a cargo da Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira, que amenizará a xornada pola mañá, e ás 12:00 terá lugar a misa cantada polo Coro Vales Mahía.

 PUBLICIDADE

A partir das 13:30 horas terá lugar a entrega de premios ás rosquillas máis sabedeiras e á creación máis orixinal seguida da xa tradicional subasta de bolos. Todos os premios consistirán en vales aportados polo Concello de Silleda para mercar en establecemenbtos comerciais e hostaleiros do municipio.


O público que o desexe poderá xantar no campo, na carpa que servirá a pulpería Crisóstimo.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Pola tarde, a partir das 17:00 horas actuará a charanga BB+. Tamén se instalará no campo unha colchoneta inchable gratuita durante toda a xornada.


A alcaldesa, Paula Fernández, destaca o traballo realizado polos veciños e veciñas de Abades “que ano a ano seguen esforzándose por manter unha das tradicións gastronómicas con máis historia do noso municipio”. Pola súa banda, dende o colectivo veciñal de Abades, que preside Encarna Mejuto, agradeceron a colaboración do Concello de Silleda, así como dos colectivos e particulares que participan no certame no que se agarda de novo seguir batendo récords.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page