A Romaría da Rosquilla de Abades cumple 37 anos o vindeiro domingo de Pascua
- Laura Moure
- 15 abr
- 2 Min. de lectura
A exaltación do produto, que será o domingo 20, inclúe como xa é tradicional a subasta de bolos
Laura Moure/Silleda
A parroquia silledense de Abades celebrará o vindeiro domingo día 20 , domingo de Pascua, unha nova edición da Romaría da Rosquilla. Esta festa cumple xa 37 anos como un dos referentes da gastronomía do municipio. Para abrir boca, a comisión organizadora –da man da Asociación de Veciños A Costa – iniciou este luns o proceso de elaboración deste afamado prostre no centro social da localidade, con sesións abertas ao público que continuarán ata este mércores.

A Romaría da Rosquilla foi presentada onte por membros da organización nun acto que contou coa asistencia da alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González.
A festa comezará ca misa cantada polo Coro de Ponteledesma, ás 11:30 horas. A continuación actuará a Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira, que animará a celebración durante a mañá. A partir das 13:30 terá lugar a entrega de premios ás rosquillas máis sabedeiras e á creación máis orixinal seguida da xa tradicional subasta de bolos.
Publicidade
O público que o desexe poderá xantar no campo, na carpa que servirá a pulpería Crisóstimo.
Pola tarde, a partir das 17:00 horas actuará o grupo Os Atrevidos. Tamén se
instalará no campo unha colchoneta inchable gratuita durante toda a xornada.
Publicidade
A alcaldesa, Paula Fernández, destaca o traballo realizado polos veciños e veciñas de Abades “que ano a ano seguen esforzándose por manter unha das tradicións gastronómicas con máis historia do noso municipio”. Pola súa banda, dende o colectivo veciñal de Abades, que preside Encarna Mejuto, agradecen a colaboración do Concello de Silleda, así como dos colectivos e particulares que participan no certame no que se agarda de novo seguir batendo récords.
Kommentare