top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Romaría da Rapazada volta a Silleda o domingo 30 de xuño

O Concello organiza en colaboración cas tres Anpas do municipio esta edición especial na que a celebración volta ás súas orixes ca implicación directa da rapazada e a modo de celebración do fin de curso


Laura Moure/Silleda

A Romaría da Rapazada, unha festa única en Galicia, volta a Silleda o vindeiro domingo 30 de xuño. A cita, que cumpre 34 anos, da un xiro na súa oferta respecto ás últimas edicións, cunha organización na que tamén estarán as Anpas do municipio (Anpa Raparigos, Anpa Brincadeira e Anpa Musiquiños) e que apostará por actividades máis

sustentables relacionadas ca igualdade, a solidariedade ou o coidado do medio, entre outros.

O programa, que se dará a coñecer nos vindeiros días, incluirá obradoiros, xogos populares, exhibicións... e tamén se recupera o desfile de moda con traxes feitos con material de refugallo.


Publicidade

Prazo aberto para o desfile de moda de refugallo e voluntariado

Todos os nenos e nenas que desexen desfilar poden anotarse xa no Concello, remitindo un mail a info@silleda.gal, indicando nome, apelidos e idade. O prazo estará aberto ata o vindeiro martes 18. Con posterioridade celebraránse obradoiros previos para a confección dos traxes.


Nesta edición, a organización contará tamén ca participación de persoas voluntarias, que axudarán nas actividades e montaxe, na que tamén se prevé a implicación directa da rapazada, recuperando o espíritu inicial da romería. Tamén haberá obradoiros nas que participarán distintas entidades locais e comarcais.


Publicidade

“Nos vindeiros días iremos dando a coñecer a programación para a xornada do día 30”, indica a alcaldesa, Paula Fernández, ao tempo que agradece a implicación e participación tanto das Anpas, como das entidades sociais e persoas voluntarias que estarán presentes nesta 34 edición.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page