top of page

A Romaría da Rapazada de Silleda celebra a súa 33ª edición o vindeiro domingo 25 en Siador

Obradoiros, actividades de animación, xogos inchables, actividades multiaventura, e un espectáculo final con Odaiko integran a proposta


Laura Moure/Silleda

A Romaría da Rapazada celebra a súa trixésimo terceira edición o vindeiro domingo día 25. A cita, no recinto da Saleta, en Siador, contará con actividades xa clásicas nun xornada única que regresa ao calendario silledense con numerosas actividades pensadas para @s mais pequen@ da familia. Esta festa singular e única en Galicia, onde a cativada é a protagonista, arrancará ás 11:00 horas coa apertura de obradoiros, inchables e actividades multiaventura, que continuarán durante toda a xornada.

Entre os obradoiros figuran un de tatuaxes temporais, de maquillaxe, de chapas, animais móbiles, de pins con forma de pandeireta e tamén outro adicado ao mundo mariño e ao verán que coordinará a Anpa Raparigos.


Os nenos poderán disfrutar este ano con outras actividades pedagóxicas como son o espazoludoteca –para os máis pequenos_, da que se encargará a entidade AUPA Pais Azuis de Deza, tamén cun puzzle de madeira. Ademais haberá outras actividades como un karaoke.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Gran tirolina de 100 metros e tobogán acuático

En canto ás actividades multiaventura a Romaría do Rapaz contará este novo ano cunha tirolina de grandes dimensións, con 100 metros de percorrido e un tobogán acuático. A zona multiaventura contará tamén cun rocódromo, e 4 xogos hinchables, así como as bolas zorbing.


Animación do recinto

Durante a xornada a animación chegará da man da Superpandi, con personaxes de Disney. Ademais, haberá unha caseta de información aberta durante toda a xornada con pulseras localizadoras, e material conmemorativo deste certame. Tamén se sortearán agasallos entre os nenos e nenas participantes.


Fin de festa con Odaiko

A Romaría do Rapaz rematará co espectáculo final no anfiteatro do recinto, a cargo de Odaiko Percusión co título Vaia Ritmo!, no marco do programa Cultura no Camiño.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o Concello de Silleda, que organiza este evento, agradécese a inestimable colabroación dos Padres Saletinos e da veciñanza de Siador, así como das asociacións e colectivos colaboradores. Así mesmo, tamén se fai un chamamento á colaboración das persoas asistentes á hora de aparcar (lémbrase que hai aparcamentos de balde no

entorno do recinto) e respetar a sinalización en canto a circulación do tráfico na zona

O recinto volverá a contar con servizo de bar e xantar. Haberá mesas e sillas a disposición das persoas e grupos que queiran xantar na carballeira do recinto durante a xornada.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page