top of page

A Romaría da Rapazada de Siador celebra a súa 32 edición o 19 baixo o lema “Volta a nosa festa"

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Obradoiros, actividades de animación, xogos inchables, actividades multiaventura,e un espectáculo final cos músicos máis novos de Trasdeza integran o programa na Saleta


Laura Moure/Silleda

A Romaría da Rapazada celebra a súa trixésimo segunda edición o vindeiro domingo día 19. A cita, no recinto da Saleta, en Siador, (Silleda) contará con actividades xa clásicas e terá como lema Volta a nosa festa. Así, despois de dous anos de parón, esta xornada única que tamén vira o seu nome cara a un título máis inclusivo, regresa ao calendario silledense con numerosas actividades pensadas para @s máis pequen@ da familia. Esta festa singular e única en Galicia, onde a cativada é a protagonista, arrancará ás 11:00 horas coa apertura de obradoiros, inchables, actividades e actividades multiaventura, que continuarán durante toda a xornada.

Entre os obradoiros figuran un de tatuaxes temporais, de maquillaxe, de pulseiras, de chapas, animais móbiles, e outro de gorros divertidos coordinado este último pola ANPA Raparigos. Os nenos poderán desfrutar este ano con outras actividades pedagóxicas como son o espazoludoteca –para os máis pequenos_, e distintas actividades baixo o eixo da igualdade na chamada área violeta.


Gran tirolina de 100 metros e tobogán acuático

En canto ás actividades multiaventura a Romaría do Rapaz contará este de novo ano cunha tirolina de grandes dimensións, con 100 metros de percorridoTobogán xigante Río Bravo de 60 metros. A zona multiaventura contará tamén cun rocódromo, e catro xogos hinchables, así como as bolas zorbing.


Animación do recinto

Durante toda a xornada celebraranse outras actividades como un fotocol e a animación da Superpandi, con personaxes de Disney. Xa pola tarde celebrarase outro obradoiro de música e baile tradicional impartido pola agrupación Xirandola. Ademais, haberá unha caseta de información aberta durante toda a xornada na que se poderán mercar pulseras localizadoras e camisetas conmemorativas deste certame. Todo o recadado destinarase ao programa municipal Silleda Solidaria. Tamén haberá outras actividades sorpresa.

Fin de festa con Xirandola e Banda Xuvenil

A Romaría do Rapaz rematará co espectáculo final con selo silledense: actuarán no anfiteatro a Escola de Baile do grupo Xirandola e Banda de Música Infantil de Silleda, que estarán no anfiteatro a partir das 19:00 horas. Tamén se sortearán agasallos entre a rapazada que visite todos os obradoiros e actividades. Dende o Concello de Silleda, que organiza este evento, agradécese a inestimable colaboración dos Padres Saletinos e da veciñanza de Siador. Así mesmo, tamén se fai un chamamento á colaboración das persoas asistentes á hora de aparcar (lémbrase que hai aparcamentos de balde no entorno do recinto) e respetar a sinalización en canto a circulación do tráfico na zona


O recinto volverá a contar con servizo de bar e xantar. Haberá mesas e sillas a disposición das persoas e grupos que queiran xantar na carballeira do recinto durante a xornada.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page