top of page

A rodeirense Sandra Hermida gaña un novo Goya

Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro felicitaba este domingo a unha das súas veciñas, Sandra Hermida, por ser unha das protagonistas da entrega de Premios Goya que se celebrou este sábado en Valladolid. Sandra Hermida Muñiz afincada en Madrid é produtora de cine española de longametraxes de ficción e documentais e colecciona Goyas xa que xa recibiu máis dun.

Sandra Hermida. Fonte: Wikipedia.

Hermida logrou tres premios Goya á Mellor dirección de produción por películas como El orfanato (2007), Lo imposible (2012) e Un monstruo viene a verme (2016) e o Premio Goya a mejor película por La sociedad de la nieve, de J Bayona este pasado sábado.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais produciu películas nacionais e internacionais como El alquimista impaciente (2002) dirixida por Patrícia Ferreira o Biutiful (2010) de Alejandro González Iñárritu.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A rodeirense é licenciada en Imagen y Sonido por la Universidad Complutense de Madrid e comenzou a súa carreira cinematográfica no ano 1998 como rexidora na película La primera noche de mi vida, do director Miguel Albadalejo.


"Noraboa Sandra Hermida e a toda a súa familia por este gran recoñecemento", sinala o Concello de Rodeiro. Dende o EQUIPO DE ECOS DA COMARCA moitos parabéns!!


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page