A Xunta contratou nesta 20 prazas de carácter público e as instalacións foron visitadas pola conselleira de Política Social, Fabiola García
Laura Moure/Palas de Rei
A conselleira de Política Social da Xunta, Fabiola García, visitou en días pasados, a Residencia de Maiores en Palas de Rei e na que a Xunta de Galicia vén de facer unha contratación de 20 prazas de carácter público. A Residencia de persoas maiores en Palas de Rei, promovida por “Residencia Palas de Rei S.L.”, comenzou o seu funcionamento en marzo deste ano 2021, cunha capacidade de 46 internos das que, a día de hoxe, máis da metade están ocupadas.
Logo dunha inversión de 1.250.000 euros, dos que contaron con 200.000 euros de axuda do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Miño-Ulla e a declaración por parte do Concello de Palas de Rei, como “Proxecto de Especial Interese”, ten abertas a súas portas como primeiro centro residencial destas características na Comarca da Ulloa, cunhas modernas instalacións, totalmente equipadas e adaptadas ás necesidades dos usuarios.
Xunto as variadas habitacións coas que conta esta residencia, tamén, dispón de espazos comúns, como: comedor, cociña e varias salas multiusos. Dispón, ademais, dun servizo de enfermería, fisioterapia e terapia ocupacional. As istalacións foron visitadas pola conselleira de Política Social, Fabiola García, en compaña do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, e do delegado territoral da Xunta en Lugo, Xavier Arias, onde, tamén, intercambiaron impresións tanto cos internos como co seu equipo de atención.
A súa vez, o rexedor palense aproveitou a visita da conselleira de Política Social a Palas para amosar o traballo que se está a desenvolver dende as diferentes áreas de servizos sociais municipais.
Comments