top of page

A "Red Sororidad" organiza o seu encontro "Mulleres no Camiño" en Arzúa

Será o próximo 19 de outubro na capela da Madanela


Laura Moure/Arzúa

A Rede Sororidad, creada para dar visibilidade a produtoras e artesáns do Camiño de Santiago Francés e conectalas con peregrinas, organiza o seu primer encontro "Mulleres no Camiño" Será o próximo 19 de outubro de 17:30 a 19:00 horas na capela da Madanela en Arzúa. O obxetivo deste encontro é xerar experiencias personais memorabeis entre as mulleres do camiño e transmitir coñecementos sobre a cultura e a gastronomía e arte das comarcas a través das súas protagonistas.

En palabras de Begoña Balado "A Red Sororidad nace para impulsar a presenza da muller no Camiño de Santiago Francés onde como noutros entornos rurais, aínda que medrando, segue a ser minoritaria e co coñecemento de que o maior número de persoas que realizan o camiño son mulleres. É unha aposta firme para crear lazos humáns, comerciais e persoais entre as mulleres do Camiño. Este proxesto está financiado polo Plan de Recuperación. Transformación e Resilencia da Unión Europea através do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo" .


Publicidade

A Rede Sororidade forma parte do proxecto Camino de Europa que ten como misión beneficiar ás cinco Comunidades do Camiño Francés o máis coñecido e transitado internacionalmente: Navarra, Aragón. A Rioxa, Castela León e Galicia. O programa do encontro será o seguinte:

  • Benvida e presentación da xornada

  • Benvida institucional a cargo de Begoña Balado, Concelleira de Turismo do Concello de Arzúa

  • Ponencia: Jenny Montañés de Casa Donicio

  • Mesa Redonda:

  • Teresa Rodríguez de Mamá Teresa

  • Carmen Cano de Queixería Galmesán

  • Noela Torres da Asociación Galega de Apicultura -Mulleres Abelleiras


Publicidade

  • Networking, petisco e presentación da obra realizada pola artista Encarna Álvarez Gallego.

As interesadas deberán inscribirse a través do seguinte correo electrónico: asaezdeokariz@theinit.com

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page