top of page

A Real Filharmonía de Galicia presentou a estrea absoluta de “Paradoxe” en Lalín

Hoxe a orquestra de Clarinetes do Galicia Clarinet Fest porá o ramo ao festival

 


Ecos da Comarca/Lalín

Galicia Clarinet Fest entra na súa recta final con dous días repletos de música e virtuosismo, culminando cunha programación excepcional que inclúe a Real Filharmonía de Galicia e o  concerto de clausura a cargo da Orquestra de Clarinetes do Galicia Clarinet Fest.

Onte tivo lugar actuación de Celso Fernández Sanmartín e o Grupo de Cámara de Clarinetes, baixo a dirección de David Fiuza. Este concerto ao aire libre ofrecerá unha mostra da versatilidade e a calidade dos participantes no festival. O punto álxido do xoves chegou na Sala Tuno Valdés do Auditorio de Lalín, co concerto da Real Filharmonía de Galicia. Baixo a batuta de José Luis Estellés, a orquestra estará acompañada por clarinetes solistas de renome como Juan Ferrer, Emilio Espasandín e Xocas Meijide. Un dos momentos máis agardados da noite será a estrea absoluta de "Paradoxe", un concerto para requinto e clarinete baixo do compositor Alexandre Kosmicki, prometendo unha experiencia sonora única e innovadora. O evento será presentado por Celso Fernández Sanmartín.


Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Hoxe, venres 1 de agosto será o último día do festival. Na Praza das Pipas ás 13 horas Celso Fernández Sanmartín presentará ao Grupo de Cámara de Clarinetes, dirixidos pola clarinetista Michelle Anderson.


Pola tarde, ás 18:00 horas, o Salón Teatro do Auditorio de Lalín acollerá un recital con piano a cargo do alumnado do festival, unha oportunidade para descubrir os novos talentos do clarinete e comprobar o froito do traballo realizado durante os días do evento.


Publicidade


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O festival culminará ás 21:00 horas na Praza das Pipas co concerto de clausura a cargo da  Orquestra de Clarinetes do Galicia Clarinet Fest, dirixida por David Fiuza e presentada por Celso Fernández Sanmartín. Este gran final reunirá a todos os clarinetistas participantes, ofrecendo un espectáculo que poñerá o ramo a unha edición memorable do festival.


Desde a organización do Galicia Clarinet Fest, convidamos a todos os amantes da música a non perderse estas últimas xornadas cheas de paixón pola música clásica.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page