A Real Academia Galega de Ciencias dá a coñecer a figura do matemático Rodríguez, “Científico Galego do Ano” e veciño de Lalín
- Laura Moure
- 1 jun 2024
- 1 Min. de lectura
O luns, 3 de xuño, terá lugar unha conferencia a cargo da investigadora Carmen Villanueva
Laura Moure/Lalín
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) elixiu ao matemático José Rodríguez González (Lalín, 1770 - Santiago de Compostela, 1824) como “Científico Galego de 2024”, coincidindo co bicentenario do seu falecemento. Para dar a coñecer a súa figura e as súas contribucións ao conxunto da sociedade, vanse celebrar unha serie de actividades ao longo do ano.
Publicidade
O vindeiro luns, 3 de xuño, terá lugar unha conferencia no marco de “Os Luns do Ateneo”, na sede de Afundación, a partir das 19:30 horas; en colaboración co Ateneo de Santiago, o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña.

A conferencia vaina impartir a investigadora Carmen Villanueva, licenciada en Química pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Física Aplicada. Presentou a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo en 2023 sobre o matemático Rodríguez, co título “José Rodríguez González (1770- 1824), matemático, geodesta, astrónomo, naturalista e viaxeiro científico por Europa”.
Publicidade
Dirixiuna o catedrático de Astronomía da USC José Ángel Docobo, director do
Observatorio Astronómico Ramón María Aller.
NOTICIA RELACIONADA:
O Matemático de Bermés elixido pola Real Academia Galega das Ciencias como Científico Galego do Ano: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-matem%C3%A1tico-de-berm%C3%A9s-elixido-pola-real-academia-galega-das-ciencias-como-cient%C3%ADfico-galego-do-ano
Comments