top of page

A Real Academia Galega de Ciencias colocará unha placa para homenaxear ao Matemático de Bermés

O acto terá lugar este luns no Parque das Ciencias


Ecos da Comarca/Lalín

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) continúa cos actos de homenaxe ao

matemático José Rodríguez, “Científico Galego 2024”. Será este luns coa colocación

dunha placa na súa memoria. A placa colocarase no Parque das Ciencias de Santiago -ás

12:00 horas-, onde a Academia xa ten homenaxeado a outros científicos e científicas ilustres da nosa comunidade. O acto contará coa asistencia da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o presidente da RAGC, Juan Lema; xunto a outros académicos e representantes do ámbito político, social e cultural.

José Rodríguez González (Lalín, 1770 - Santiago de Compostela, 1824) foi un dos científicos europeos máis brillantes da súa época, con grandes aportacións non só ás

matemáticas, senón tamén á xeometría, á astronomía, á xeografía e á mineraloxía.

Formouse na Universidade de Santiago, onde logrou, por oposición, unha cátedra de

matemáticas no preparatorio da Facultade de Medicina.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais da súa actividade científica tivo unha relevante actividade política. Sumouse aos

liberais máis progresistas e foi elixido deputado por Galicia no ano 1820. Declarouse a

favor da división provincial de Galicia coa creación dunha quinta provincia con capital en

Santiago de Compostela e amosou interese por promover tanto o coñecemento científico

como o fomento da industria no noso país.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page