top of page

A Real Academia Galega de Ciencias abordará hoxe en Santiago o papel que tivo o Matemático de Bermés

Ecos da Comarca/Lalín

No marco das celebracións da “Noite Galega das Persoas Investigadoras 2024. G-Night”, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), promove hoxe, venres, 27 de setembro, unha charla baixo o título O metro calculado por un galego do século XIX. José Rodríguez foi nomeado pola RAGC como “Científico Galego do Ano”, polo que se están a desenvolver unha serie de actividades para achegar a súa figura ao conxunto da sociedade.

A conferencia, que impartirá o matemático e investigador da Universidade da Coruña Xabier Pérez Couto, terá lugar na sala de conferencias da sede de Afundación en Santiago, a partir das 19:00 horas.


Publicidade

José Rodríguez González (Lalín, 1770 - Santiago de Compostela, 1824) é coñecido como “o Matemático de Bermés” por ter nacido da parroquia lalinense ou como “Matemático

Rodríguez”. Foi un dos científicos europeos máis brillantes da súa época, con grandes aportacións non só ás matemáticas, senón tamén á xeometría, á astronomía, á xeografía

e á mineraloxía.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page