"Esta situación é inaceptable e expón serias interrogantes sobre a xestión e supervisión do proxecto", subliña
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O PP de Vila de Cruces sinala que "nun preocupante xiro dos acontecementos, as obras de mellora na Rúa Vázquez, finalizadas en decembro de 2023 e financiadas co Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra, xa presentan un estado alarmante de deterioro. Esta situación é inaceptable e expón serias interrogantes sobre a xestión e supervisión do proxecto".
Desde a conclusión das obras, apuntan os populares, "evidenciáronse deficiencias significativas na calidade dos materiais utilizados e na execución dos traballos. Os veciños de Vila de Cruces séntense frustrados e enganados, xa que se esperaba que estas melloras tivesen un impacto positivo na nosa vila. Con todo, a realidade foi un reflexo de desinterese e falta de profesionalismo por parte dos responsables".
Publicidade
"Dende o grupo do Partido Popular de Vila de Cruces queremos sinalar de maneira clara e directa a responsabilidade que recae sobre o arquitecto a cargo do proxecto e a dirección facultativa das obras. A súa falta de atención aos detalles e aos estándares de calidade levou a esta situación. Ademais, o alcalde de Vila de Cruces non pode eludir a súa responsabilidade neste asunto. Como máxima autoridade do municipio, é o seu deber asegurarse de que os fondos públicos utilícense de maneira efectiva e que os proxectos se executen conforme aos estándares adecuados, contando cos mellores profesionais. A xestión do alcalde foi deficiente, marcada por decisións que xeraron unha serie de sobrecustos cuxo total aínda se descoñece a día de hoxe. Canto lle vai costar estes sobrecustos a cada veciño de Vila de Cruces? Estes sobrecustos, que o noso grupo estima en máis de 60.000 euros deberían ser asumidos polo propio alcalde, así como pola dirección facultativa, quen permitiu que se tomasen decisións na obra baseadas en caprichos persoais e sen xustificación".
Publicidade
Ante isto, o PP cruceño esixe unha resposta inmediata de ambos responsables, "así como un plan de acción claro para remediar o deterioro das obras e garantir que se implementen as medidas necesarias para evitar que situacións similares ocorran no futuro. É momento de que tanto o arquitecto como o alcalde rendan contas polas súas accións e, sobre todo, polas súas omisións. É lamentable que, a estas alturas, tenten evadir responsabilidades mediante un informe sobre deficiencias que poderían corrixirse cunha adecuada xestión e supervisión da obra, o cal, á vista está, foi totalmente deficiente".
留言