A rúa Pintor Colmeiro de Silleda quedará xa hoxe pechada ao tráfico pola celebración das festas
- Laura Moure

- 8 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Dende o Concello xa se colocaron bandos informativos cos tramos afectados polas restriccións para garantir a seguridade durante os festexos
Laura Moure/Silleda
Con motivo da celebración das festas de Verán de Silleda, que se celebrarán durante a fin de semana, nas próximas horas porcederase ao corte de diferentes rúas. Así, xa dende hoxe, martes ás 15:00 horas e ata a madrugada do luns, quedará pechada ao tráfico a rúa Pintor Colmeiro, onde está prevista a instalación dos postos e atraccións e onde se celebrarán as verbenas. O corte deste tramo adiántase precisamente para a realización das inspeccións técnicas das atraccións.

Para garantir a seguridade nesta zona, tamén se pecharán durante toda a fin de semana ao tráfico as rúas Venezuela e Alonso Paz, a partir das 18:00 horas.
Publicidade
As rúas Antón Alonso Ríos, Cartaxena e Castrelo tamén se pecharán dende o xoves á tarde, día no que arrancan as festas co chupinazo, concerto de Distrito Dezaseis e a verbena con Panorama City. Tamén se volverán a cortar estes tramos para a celebración da Festa do Lacón; o sábado dende as 16:00 horas, , e o domingo pola tarde para a celebración do concerto das bandas.
Publicidade
Tamén a rúa Progreso se verá afectada, co peche ao tráfico polas tardes para a celebración de distintas actividades. A avenida do Parque tamén se pechará o domingo para o concerto das formacións bandísticas.








Comentarios