top of page

A promoción da cultura tradicional en Touro refórzase co convenio entre o Concello e a A Pinguela

18 jun 2025
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro destaca o labor que vén desenvolvendo a asociación cultural A Pinguela de Bama na dinamización da vida cultural e social do municipio, promovendo a igualdade e diversidade, a recuperación e difusión da cultura galega ou a formación musical e baile tradicionais.

O concelleiro José Luis Ramos, o alcalde Roberto Castro, Andrea Mosquera, presidenta da Pinguela e Patricia Remeseiro, secretaria da Pinguela.
O concelleiro José Luis Ramos, o alcalde Roberto Castro, Andrea Mosquera, presidenta da Pinguela e Patricia Remeseiro, secretaria da Pinguela.

Ao longo de todo o ano A Pinguela de Bama ten unha ampla oferta de formación musical e baile tradicionais, artes plásticas, obradoiros relacionados ca cultura tradicional do noso País e de recuperación de patrimonio inmaterial. O pasado mes de maio, A Pinguela organizou a VIII Morada de Bama coa colaboración do Concello de Touro; o encontro de referencia da cultura tradicional na primavera en Touro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta liña asináronse acordos de colaboración entre o goberno local e asociación que se traducirán en axudas e subvencións do Concello á asociación a Pinguela por máis de 14.500 euros para este ano 2025, dando estabilidade económica á Asociación para desenvolver ás actividades.


Desta colaboración entre Concello e Asociación tamén se beneficiarán as Comisións de Festas do concello que poderán contratar actuacións da Pinguela de Bama a prezos reducidos (de 250 euros ou 600 euros, dependendo do tipo de formación musical, cuarteto ou formación completa) aos que o Concello achegará 150 euros ou 200 euros por cada actuación.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Preténdese con este acordo o fomento da música tradicional nas festas parroquiais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page