top of page

A programación Primavera de cultura arrinca hoxe en Arzúa coa presentación dun libro de Xavier Alcalá

A emigración é tema principal desta obra


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa bota a andar este venres, 21 de marzo, unha nova edición da programación Primavera de cultura que se estenderá ata finais de maio con propostas para todos os públicos centradas especialmente no fomento da lectura e das Letras Galegas. A Capela da Madanela acollerá este venres a presentación dunha das últimas publicacións do coñecido escritor Xavier Alcalá, A capital do mundo. O acto comezará ás 20:00 h. e será conducido polo coordinador do club de lectura municipal Arzúa Le, José Manuel Pampín.

A emigración é tema principal na obra de Xavier Alcalá que narra como no ano 1957 un adulterio ferinte e un amor tolo imposible, impulsan a unha rapaza coruñesa a emigrar. O autor é enxeñeiro de telecomunicacións, ademais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado, obra á que ían seguir títulos como A nosa cinza, Fábula, Código morse ou Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. Máis recentemente publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba, e The Making of, onde se descobre a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.


Este acto abrirá unha programación que conta con trece propostas variadas e para todos os públicos que se levarán a cabo tanto na vila como nas parroquias. O programa de actos ao completo presentarase o vindeiro martes, 25 de marzo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, destaca “a importancia desta programación xa que os seus eixes principais son o fomento da lectura e do uso e coñecemento da nosa lingua, temas que sempre están presentes en todas as programacións ao longo do ano pero aos que concretamente neste 2025 se lles está presentado especial atención”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page