top of page
Perruquería Marisa.gif

A programación de verán arrinca en Arzúa cunha proxección de dous dos proxectos de Rubén Riós

Unha destas consistirá na reprodución gravada en Salmonte, na parroquia arzuá de Burres, que conta a historia de Cecilia Camino e o seu fillo Manoliño


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa estreará este venres a programación de verán cunha proxección audiovisual dirixida por Rubén Riós. Deste xeito, o Multiusos Terra do Queixo acollerá ás 20:30 horas o visionado do primeiro capítulo da serie Arrieiros Somos e do documental Outros Camiños coa presenza dos protagonistas e do propio director.

Momento da gravación en Salmonte.

A proxección consistirá na reprodución da primeira entrega de Arrieiros Somos gravada

en Salmonte, na parroquia arzuá de Burres, que conta a historia de Cecilia Camino e o seu fillo Manoliño sobre o amor incondicional entre nai e fillo despois de criarse sen a figura paterna e a loita e a constancia de Manoliño entre a súa discapacidade e o ámbito rural. Este capítulo foi o que alcanzou unha maior repercusión superando as 22.000 visualizacións en Youtube desde o seu lanzamento.

A actividade completarase co visionado do derradeiro documental dirixido por Rubén

Riós titulado Outros Camiños estreado o pasado 28 de abril nos Cinemas Callao en Madrid.

Estre proxecto mestura Camiño de Santiago e deporte cuns protagonistas de excepción,

persoas con parálise cerebral. Sen dúbida, un proxecto moi ameno, divertido e de gran

resonsabilidade social que de maneira directa e indirecta levará ao público asistente a grandes reflexións.


Esta actividade será de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade.


NOTICIA RELACIONADA:

204 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page