top of page

A programación de Nadal en Rede da Xunta chegará a Silleda, Santiso e Lalín

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Inclúen teatro, música, maxia ou monicreques


Laura Moure/Xeral

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou este mércores a programación de Nadal en Rede, a campaña de dinamización lingüística que impulsa a Xunta de Galicia e que celebra a súa décimo terceira edición achegando propostas de lecer en galego a unha trintena de concellos durante a época festiva, entre eles Silleda, Santiso e Lalín.


O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que estivo acompañado polas compañías artísticas que participan, explicou que nesta iniciativa “búscase propor alternativas de ocio para todos os públicos, tanto cativos como adultos”. Neste senso, sinalou a importancia de “que a cidadanía poida gozar durante estas festas de diversas actividades na nosa lingua”.

Por outra banda, Valentín García explicou que a esta programación súmase a xira de Nadal dos Bolechas ou as actividades que se desenvolverán na Cidade da Cultura ata o 6 de xaneiro e que inclúe obradoiros, unha instalación de inspiración viquinga ou a experiencia Galiverso. Deste xeito, salientou que ademais desta ampla selección de plans culturais, a Administración autonómica tamén ofrece recursos dixitais para cantar panxoliñas en galego ou modelos para escribir a carta aos Reis Magos, entre outros, “todos eles co obxectivo de promover o uso do galego cos máis pequenos”.


Iniciativas culturais en 32 concellos

Nadal en Rede ofrecerá oito propostas distintas de teatro, música, monicreques ou maxia. As primeiras citas serán o domingo 15 de decembro, en Pontedeume, con Meco e sono, un espectáculo para os máis cativos da casa, que tamén percorrerá os concellos de Vilaboa, Santa Comba e Nigrán. Ese mesmo día, Ponteareas recibirá a mostra musical A lingua somos todos, que durante as festas visitará Ponteceso, Ribadavia, O Rosal e Bóveda.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Outros plans para o público infantil e familiar son A árbore dos desexos, de Pillaband, que ofrecerá un relato musicado nos concellos do Porriño, Padrón, Vigo e Mondoñedo, ou a obra A pita xefa, que visitará Silleda, Ramiráns, Moaña e Tomiño.


Tamén para a cativada e as súas familias son os espectáculos Desconcertos de Nadal, fará parada en Soutomaior, Salvaterra, Outes, Teo e Santiso, e  Mil maxias máis que ofrecerá unha xornada de xogos e ilusionismo en Lalín, Burela e Barro.


Por último, os monecos Fuco e Xela porán a bailar á cativada de A Bola, Brión, Meaño e Lalín con Xa é Nadal cos Piñeiriños e a actividade Ves como sabes? Visitará O Carballiño, Gondomar, Cangas e Oleiros.


A información coas datas exactas, lugares e horas pode consultarse no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Gali

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page