Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A programación de actividades do Día do Comercio Local de Arzúa sofre modificación polo mal tempo

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que, debido á previsión de mal tempo para mañá, a programación de actividades do Día do Comercio Local sofre varias

modificacións. Deste modo, o parque de inchables previsto para mañá pola tarde queda

cancelado e o mesmo levarase a cabo nunha nova data que será anunciada con antelación.


Desde a organización tomouse esta decisión porque considérase que levar estas actividades a un lugar cuberto fóra do centro urbano restaría afluencia ás rúas perxudicando aos establecementos participantes tendo en conta que o fin principal desta xornada é apoiar o comercio e a hostalaría local.


Os postos de alimentación da chamada A feira larpeira funcionarán no horario inicial de 16:00 a 20:00 pero con pequenos cambios na súa ubicación. O posto que repartirá flocos de millo estará finalmente na entrada do Local de Ensaio (Avda. de Lugo, xunta o Xulgado), o de algodón de azucre na Praza de Galiza e o de chocolate con churros na entrada principal do Multiusos Terra do Queixo, en fronte ao Campo da Feira.

A localidade de Arzúa. Fonte: Concello de Arzúa.

Lémbrase que para poder consumir totalmente de balde en calquera destes postos, haberá que conseguir os tíckets mercando ou consumindo nos establecementos participantes nesta campaña unicamente durante a xornada do 8 de decembro. No caso das actuacións musicais, a do grupo local de música tradicional Luar das augas está asegurada realizando a súa intervención no interior do Multiusos Terra do Queixo coincidindo coa feira quincenal e o pasacalles de Latexo Percusión estará suxeito á situación meteorolóxica ao longo da tarde.


De todos xeitos, desde o Concello animan á veciñanza e visitantes a participar neste día que conta co apoio de trinta e catro establecementos que ofrecerán descontos de ata o 70%, sorteos, agasallos e ofertas especiais en tendas de todo tipo como zapaterías, textil, librarías ou xoierías, entre outros.


Ademais, paralelemente, a xornada inclúe unha ruta de tapas na que catro locais hostaleiros ofrecerán de balde por cada consumición unha tapa elaborada co protagonisto dos produtos típicos de outono. Estes son O Furancho de Santiso, Bar Manolo, Parrillada Europa e Bar Praza.


64 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE