Ecos da Comarca/Rodeiro
A Concellería de Cultura de Rodeiro xa puxo en marcha o venres a programación cultural que se vai levar a cabo no mes de xullo. Cine na rúa, contacontos, obradoiros e actuacións musicais son actividades variadas para todos os públicos, ademais do programa Concilia e actividades de verán e campamento para os máis cativos. Todos os venres haberá unha posta en escena diferente e variada.
Kommentare