Isto suporá unha mellora na coordinación entre os planteis da Policía Local de más de 30 concellos
Policía Local de Melide. Foto: Concello de Melide
Laura Moure/Melide
A Policía Local de Melide pasa a formar parte da Plataforma de Xestión Policial XesPol, unha ferramenta de coordinación entre planteis da Policía Local de máis de 30 municipios, tal e como informa o Concello de Melide.
A plataforma, deseñada por dous policías locais do Concello de Carballo, permite unificar criterios e protocolos de actuación, coa pretensión de que todas as policías locais que participen compartan unha base de datos que se estenda por toda Galicia.
"A adhesión, motivada polos bos resultados que están a lograr outros concellos, permitiralle aos axentes do noso Concello axilizar e dar maior eficacia a súa labor, á hora de enfrontarse a un atestado, a un informe ou mesmo a unha xestión xudicial", apunta o goberno melidense.
Comments