top of page

A Policía Local de Lalín conta cun novo vehículo grazas a unha subvención da Xunta de Galicia

Laura Moure/Lalín

Dende esta semana a Policía Local de Lalín conta cun novo vehículo. Trátase dun Hyundai Tucson grazas a unha subvención concedida ao Concello de Lalín pola Vicepresidencia segunda da Xunta de Galicia (Consellería de Presidencia).

O alcalde de Lalín, José Crespo, destaca que “estamos moi satisfeitos e agradecidos á Xunta de Galicia, xa que nos deron para a Policía Local dous coches en dous anos consecutivos: a finais do ano pasado concedéronnos un coche diésel-híbrido e agora este Hyundai, tamén híbrido pero de tracción total, que permitirá acceder a lugares de máis difícil acceso. Son vehículos de renting que sufraga integramente a Xunta de Galicia”, indica.

“Deste xeito a Policía Local pasará a ter unha frota actualizada, coa incorporación destes dous de última xeración, xa que tiñamos unha frota moi antiga porque o último coche adquirírase hai case uns quince anos”, sinala. Así neste mandato o Concello de Lalín conta con dous coches subvencionados integramente pola Xunta de Galicia.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page