A Policía de Melide incorpórase ao Sistema Vioxén de protección á vítima de violencia de xénero
- Laura Moure
- 19 may 2021
- 1 Min. de lectura
A Policía Local traballará en consonancia coa Garda Civil para realizar un seguimento
máis efectivo e adaptado de todas as persoas que padezan esta lacra
Laura Moure/Melide
Melide acolleu esta mañá a celebración dunha Xunta de Seguridade Local na que se formalizou a incorporación da Policía Local de Melide ao Sistema Vioxén de Seguimento e Protección de Vítimas de Violencia de Xénero. A incorporación de Melide a esta ferramenta do Ministerio do Interior tivo lugar trala sinatura do protocolo entre o alcalde, José Manuel Pérez Penas, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. No acto, celebrado esta mañá na casa consistorial, tamén participaron a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López- Rioboo, o xefe en funcións da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira, o tenente de alcalde de Melide, José Antonio Prado e a concelleira de Servizos Sociais e Saúde, Carmen Liñeira.

Miñones e Pérez durante a sinatura do convenio.
Mediante a sinatura do protocolo a Policía Local incorpórase a traballar en consonancia coa Garda Civil para realizar un seguimento máis efectivo e adaptado de todas as vítimas de violencia de xénero. Con este paso o equipo de goberno do Concello de Melide segue a traballar para cadar unha igualdade real e efectiva da muller ademais de avanzar na protección das vítimas de violencia de xénero
コメント